InicioEconomíaO persoal apoia cun 87,2% dos votos o acordo con Alcoa para...

O persoal apoia cun 87,2% dos votos o acordo con Alcoa para adiar a folga e iniciar un proceso de venda

O comité deu a coñecer este venres os resultados do referendo trala última xornada de votación

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou este venres de que o acordo ao que chegou coa multinacional para suspender a folga a fin de que se inicie un proceso de venda da planta de aluminio foi apoiado pola maioría do persoal, o 87,2%, no referendo celebrado esta semana no complexo industrial.

Dos 964 traballadores chamados ás urnas, participaron 743, un 77% do censo. Un total de 648 votou a favor do preacordo, o 87,2%, e 84 obreiros pronunciáronse en contra do pacto, o 11,3% do persoal. Houbo sete votos en branco e catro sufraxios nulos.

Segundo as cláusulas do acordo, os sindicatos suspenderán ata o 30 de abril a folga indefinida que manteñen desde o pasado mes de outubro, ademais de renunciar a incluír no mesmo a factoría de alúmina, petición formulada nos últimos días.

TRALO SI DOS TRABALLADORES, ALCOA TEN DÚAS SEMANAS PARA PRESENTAR UNHA PROPOSTA Á SEPI

A compañía, pola súa banda, comprométese a negociar “de boa fe” coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) a venda da fábrica e a remitir unha proposta en termos xerais “nun prazo máximo de dúas semanas“. Celebraranse mesas multilaterais informativas sobre o proceso cos sindicatos e as Administracións, Xunta de Galicia e Goberno central, cunha periodicidade mensual.

Ademais, poderá parar “unicamente as cubas de electrólise as que impliquen un risco para as persoas ou para as instalacións”. Así, queda blindada a maquinaria operativa a 18 de xaneiro, non así aquela que foi apagada nun período anterior.

Alcoa tamén se compromete a “manter o número de cubas activas por riba do límite técnico de ambas series, procedendo, en caso necesario, á brascaxe e reparación ou substitución para alcanzar o mencionado límite técnico”. Ademais, Alcoa non poderá adoptar “ningunha medida extintiva de carácter colectivo“.

No tocante ao persoal, o acordo inclúe que Alcoa conte con “recursos adicionais” segundo “as necesidades produtivas e organizativas de produción e mantemento do complexo industrial” ata “alcanzar os efectivos necesarios“.

Ademais, a empresa deberá incorporar a arredor de 40 temporeiros pendentes de contratos de relevo, segundo o acordo de febreiro de 2019 polo que os sindicatos aceptaron prexubilacións e a opción de recolocar traballadores de Avilés e A Coruña.

VIXENTE ATA O 30 DE ABRIL

Para todas estas cuestións, ambas partes acordan facer “un seguimento” a través de “reunións específicas”.

O pacto permanecerá vixente ata o 30 de abril e os sindicatos poderán reactivar o paro en diante “nas mesmas condicións” de non haber acordo para amplialo, podendo ambas partes rompelo se a outra incumpre o acordado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...